Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous veciños de Castroverde diríxense a Polonia para traer refuxiados nos seus coches

Dous veciños de Castroverde diríxense a Polonia para traer refuxiados nos seus coches

"Contamos con chegar, cargar o coche e saír pitando de alí", explica Héctor Pérez

Héctor e Paulo, no seu coche, camiño de Polonia
G24.gal 02/03/2022 10:46

Héctor Pérez e Paulo Ribeiro, veciños de Castroverde, viron as noticias sobre a situación dos refuxiados ucraínos e non o dubidaron: colleron os seus coches e arrincaron cara a Polonia. Decidiron ir despois de ver a morte no quirófano dunha nena ferida nun bombardeo. A súa intención é recoller a quen queira vir para Galicia e traelo.

Saíron o luns de Castroverde con destino a un campamento de refuxiados ucraínos en Polonia. Agora mesmo están a uns 700 quilómetros da fronteira. Nos seus dous vehículos teñen espazo para oito persoas. "Sabemos que hai moitos particulares que están recollendo xente que está chegando alí e contamos con iso: chegar, cargar o coche e saír pitando de alí", explica Héctor.

Din que o camiño é cómodo e animan a quen poida a facer o mesmo que eles.

Á volta, aseguran que a oferta de solidariedade en Lugo é moita, e que hai xente disposta a acoller refuxiados. A través do Concello de Castroverde e da conta de Facebook 'Eres de Lugo si' pode sumarse quen queira para achegar a súa axuda a esta iniciativa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade