Matarella acepta a dimisión de Mario Draghi, que se mantén en funcións
Matarella acepta a dimisión de Mario Draghi, que se mantén en funcións
Mattarella "tomou acto" da dimisión que lle reiterou Draghi "tras informarlle sobre o debate e a votación de onte no Senado"
O presidente da República italiana Sergio Mattarella aceptou este xoves a dimisión do primeiro ministro Mario Draghi, que se mantén en funcións para os asuntos máis básicos de administración ordinaria.
Mattarella "tomou acto" da dimisión que lle reiterou Draghi "tras informarlle sobre o debate e a votación de onte no Senado", lese nun comunicado da Xefatura do Estado.
A decisión de Draghi chega despois de que tres socios da súa coalición de goberno, a conservadora Forza Italia de Silvio Berlusconi, a ultradereitista Liga de Matteo Salvini e o populista Movemento 5 Estrelas de Giuseppe Conte, retirasen o seu apoio nunha moción de confianza este mércores no Senado.