Cargando resultados...
Draghi, disposto a seguir como primeiro ministro de Italia con condicións
Draghi, disposto a seguir como primeiro ministro de Italia con condicións
G24.gal
20/07/2022 17:17
Mario Draghi está disposto a continuar como primeiro ministro sempre que os partidos reconstrúan a coalición de goberno. Anunciouno esta mañá no Senado.
O que fixo foi pedir apoios para dous tipos de medidas, por unha banda as que servirán para atraer axudas da UE por valor de 19.000 millóns de euros.
Por outro lado, pediu apoios tamén para instalar dúas estruturas para tratar o gas líquido que vén de Alxeria.
Draghi falou hoxe ante o Senado, mañá farao ante a Cámara dos Deputados e, se non consegue os apoios, cabe a posibilidade de que se forme un goberno con outro executivo, con outro primeiro ministro ou ben convocar eleccións.