Draghi permanecerá no cargo ata as eleccións anticipadas de outono
Draghi permanecerá no cargo ata as eleccións anticipadas de outono
Italia irá a eleccións en outono tras a dimisión hoxe do primeiro ministro Mario Draghi. O presidente da república Sergio Mattarella lamentou esta situación e cre que provocará unha parálise do país nun momento clave. De feito, as consecuencias económicas non tardaron en manifestarse.
Mario Draghi presentou a dimisión esta mañá ao presidente da República ao constatar que xa non ten o apoio das principais forzas políticas. O presidente Sergio Mattarella pola tarde convocou as eleccións anticipadas e fíxoo con preocupación porque dixo que non é o momento para frear o país e que hai que tratar cuestións delicadas como a inflación.
Draghi permanecerá no cargo para levar adiante as cuestións ordinarias ou urxentes. Esta situación deixa a Italia nunha postura delicada desde o punto de vista económico porque hoxe a prima de risco superou os 240 puntos.