Dúas cativas sinalizan excrementos de mascotas con bandeiriñas para concienciar a veciñanza
Dúas cativas sinalizan excrementos de mascotas con bandeiriñas para concienciar a veciñanza
Queren estender as súas bandeiriñas por todo o barrio de Caranza, en Ferrol
Bandeiriñas para sacarlle as cores a quen non limpa os excrementos das súas mascotas na rúa. Esta é a iniciativa de dúas nenas de Ferrol que queren recuperar para a veciñanza as zonas verdes do seu barrio, Caranza.
Isabel e Sara idearon esta curiosa iniciativa para poñer fin aos excrementos de cans nos xardíns do seu barrio, en Ferrol.
Bandeiriñas de cores feitas por elas coa axuda das súas familias. Só nunha xornada colocaron máis de cen, e así un día tras outro. Queren concienciar a veciñanza para manter limpas as zonas verdes.
Xa contan co apoio da Asociación de veciños de Caranza. Agora Sara e Isabel queren estender as súas bandeiriñas por todo o barrio e sacarlle as cores a quen non o limpa.