Dúas imaxes de Sarria no Calendario Xacobeo de Correos
Dúas imaxes de Sarria no Calendario Xacobeo de Correos
Distribuíron 4.000 exemplares por todo o mundo
As fotos tamén forman parte dunha exposición
Unha peregrina co seu can facendo unha pausa na ruta e outra dando aloumiños a unha vaca de raza rubia galega, son as dúas imaxes de Sarria escollidas pola empresa pública Correos para incluír no seu calendario xacobeo deste ano.
As fotografías foron tomadas por Susana Pérez e Ruth García dentro do concurso que organiza Correos. Unha promoción, sen dúbida, que beneficiará a Sarria.
O calendario foi distribuído en 4.000 puntos. Dende albergues e aloxamentos ata institucións xacobeas e asociacións nacionais e internacionais de amigos do Camiño. Ademais, as fotos forman parte da exposición Miradas peregrinas. No calendario hai tamén imaxes de Lestedo, Fisterra ou a praza do Obradoiro.