Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dúas mozas, ingresadas na UCI tras unha explosión nun instituto de Badaxoz

Dúas mozas, ingresadas na UCI tras unha explosión nun instituto de Badaxoz

Un profesor tivo que ser atendido por queimaduras de menor gravidade

A explosión produciuse nun edificio anexo, onde está o laboratorio do centro 

G24.gal 01/02/2024 11:02

Duas mozas  de 11 anos tiveron que ser ingresadas na unidade de coidados intensivos (UCI) do Hospital Materno Infantil de Badaxoz tras sufrir queimaduras de diverso grao tras unha explosión no laboratorio do Instituto San Fernando da capital pacense.

Segundo fontes do Servizo Estremeño de Saúde (SES), as menores tiverpm pasar polo quirófano e logo de quedar  ingresadas na UCI pediátrica do centro foron trasladadas ao Hospital da Paz de Madrid.

No Hospital Universitario de Badaxoz tamén tivo que ser atendido un profesor por queimaduras de menor gravidade, malia que non tivo que ser ingresado. 

A explosión produciuse durante unha xornada de portas abertas do centro, nun edificio anexo, onde está o laboratorio. Polo momento descoñécense as circunstancias concretas en que se produciu o suceso, que tivo lugar minutos antes das 20:00 horas, e interviñeron efectivos de Policía Nacional e Local, do Servizo Estremeño de Saúde (SES) e de Cruz Vermella.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade