Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dúas novas suxestións de Pepe Solla para cociñar petiscos con conservas

Dúas novas suxestións de Pepe Solla para cociñar petiscos con conservas

Presentounas na tenda efémera de Frinsa en Sanxenxo 

Ensaladilla de navalla, unha das tapas presentadas por Pepe Solla e Frinsa en Sanxenxo
G24.gal 10/08/2023 21:31 Última actualización 10/08/2023 21:56

As conservas poden encerrrar toda unha tapa de estrela Michelin, se sabemos combinalas. E se quen nos ensina é Pepe Solla, cociñeiro con dúas estrelas Michelin e tres soles Repsol, nunca volverán tirar o caldo ou o prebe das latas e tarros.

Hai anos que colabora co grupo conserveiro galego Frinsa para elaborar pratos e petiscos cos contidos de latas de conservas de calidade e preséntanos nas tendas do grupo, coma este xoves, na tenda efémera de Sanxenxo.

De primeiro presentou unha ensaladilla con navalla en conserva nunha folla de miso para poder comelo dun bocado. E para seguir, un hummus con zamburiña guisada.

As dúas tapas a base de conserva, unha experiencia gourmet e a sofisticación máxima para gozar dunha conserva tras pasar polas mans dun cociñeiro que se divirte cociñando e aproveita todo o que hai nunha conserva. De feito recomenda aproveitar todo prebe, caldo ou aceite que integre unha conserva de calidade, para facer unha receita rica.

As dúas suxestións han chegar a todas as tendas do proxecto La Conservera, presente mesmo en París, e xunto coas outras que leva anos elaborando Solla para o grupo, poden arranxar calquera situación.

Unha conserva de calidade, tratada con mimo, asegura que é a aliada perfecta na cociña... se aprendemos a usalas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar