Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dúas obras de Urbano Lugrís, para o museo Massó de Bueu

Dúas obras de Urbano Lugrís, para o museo Massó de Bueu

Veleiro e A arca de Noé sumaranse a outras obras do mesmo autor que xa posúe o museo

Bosquexo de 'A arca de Noé', de Urbano Lugrís Bosquexo de 'A arca de Noé', de Urbano Lugrís
G24.gal 22/12/2023 17:59

A Xunta de Galicia adquiriu novas obras do artista Urbano Lugrís para o Museo Massó de Bueu.

O director xeneral de Cultura, Anxo Lorenzo, presentou os debuxos A arca de Noé e Veleiro, dúas pezas "en moi bo estado de conservación que se sumarán ás outras pezas de Lugrís xa existente no museo".

Ambas as obras encaixan na colección do Museo Massó polo lugar que ocupa este autor nos seus contidos e pola súa estreita vinculación coa familia Massó, así como polo propio valor intrínseco das pezas deste autor.

A arca de Noé e Veleiro pódense "relacionar coa serie de maquetas que representan a historia da navegación e que ilustran o Políptico de Navegación, segundo detallou Lorenzo.

Esta obra foi realizada por Lugrís en 1944 por encargo de José María Massó e trátase dunha pintura executada sobre 36 pezas de cerámica, a modo de azulexos, encaixadas nunha estrutura e marco de madeira cun tríptico no centro para facer un percorrido pola historia da construción naval. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade