Prisión provisional para o detido en Bueu por darlle unha malleira á nai
Prisión provisional para o detido en Bueu por darlle unha malleira á nai
A xuíza investígao por un delito de homicidio en grao de tentativa, coa agravante de parentesco
O Xulgado de Instrución número 2 de Marín decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza para o home detido o pasado sábado en Bueu acusado de darlle unha malleira á súa nai.
O home pasou ao longo deste luns a disposición xudicial.
A xuíza investígao por un delito de homicidio en grao de tentativa, coa agravante de parentesco, ao ser a vítima a súa nai.
Subsidiariamente, investígano por un delito de lesións graves no ámbito da violencia doméstica.
As mesmas fontes apuntaron que na actualidade non consta que tivese ningunha orde de afastamento en vigor sobre a muller.
Ao home detivérono o pasado sábado tras atopar á súa nai, de 72 anos de idade, con varias lesións no seu corpo na noite do venres no seu domicilio do lugar das Meáns, en Bueu.