Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan se un neno de Taboada acoitelou o seu padrasto para evitar que mallase na nai

Investigan se un neno de Taboada acoitelou o seu padrasto para evitar que mallase na nai

O home que foi detido, pasou a disposición xudicial por maltratar a súa parella

Quedou en liberdade pero coa prohibición de achegarse e comunicarse coa vítima

G24.gal 19/02/2024 10:31 Última actualización 19/02/2024 20:41

A xuíza decretou a posta en liberdade do home detido o domingo en Taboada por maltratar á súa parella, aínda que terá prohibido achegarse e comunicarse coa vítima.

Segundo informan fontes xudiciais, así o acordou a titular do Xulgado de Instrución número 1 de Chantada, que abriu contra o home unha causa por un delito de malos tratos habituais.

Segundo informaron fontes da Comandancia de Lugo, o arrestado foi atacado por un menor nese suposto episodio de violencia machista, por defender á súa nai. O detido presentaba un corte nas costas polo que non precisou ser trasladado a un centro hospitalario.

Segundo transcendeu, o menor é un neno de dez anos, quen saíu en defensa da nai, a quen o seu padrasto lle estaba dando unha malleira. O pequeno agarrou un coitelo e cravoullo nas costas ao home.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade