Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ducias de nenos deixan mensaxes de gratitude aos sanitarios que os vacinan

Ducias de nenos deixan mensaxes de gratitude aos sanitarios que os vacinan

Loan o seu traballo e cualifícanos de superheroes

As enfermeiras din que este agasallo lles dá máis forza para seguir loitando contra o coronavirus

 

G24.gal 28/12/2021 14:12

Nas instalacións de Expocoruña habilitadas como centro de vacinación contra a Covid hai un mural cheo papeis de cores escritos polos nenos que recibiron alí a súa primeira dose. Grazas é palabra que máis se lee, e o corazón o debuxo que máis se repite. Os sanitarios din que este agasallo lles da forzas para continuar.

"'Grazas por coidarme', porque eles distinguen moi ben o papel da enfermería, que é o de coidar, non o de curar. Eles reflícteno así nos seus papeis, 'grazas por coidarme'. Iso emociónanos moito", di Ana Ares, a enfermeira coordinadora de vacinacion.

Os nenos están máis afeitos que os adultos a vacinarse, pero neste caso non van ao seu centro de saúde nin están co seu pediatra. Malia todo, pórtanse ben.

"Responden moi ben e plásmano nos seus debuxos ou nos seus 'post-it'. 'A min non me doeu nada' ou 'A min non me vacinaches, pero vacinaches a miña irmá e non lle doeu'. Iso agradécese moito. Dános forza para seguir vacinando", conta Ana Ares.

Non só deixan palabras de gratitude, tamén debuxos e loanzas para os que, din, son os seus heroes e súas heroínas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade