Duras críticas dos baróns do PP a unha amnistía que Aragonès celebra
Duras críticas dos baróns do PP a unha amnistía que Aragonès celebra
O presidente catalán cre que se abre una nova etapa para a "resolución do conflito"
Moreno, Ayuso ou Azcón falan do maior ataque ao Estado de dereito da democracia
Os presidentes autonómicos do PP saen en tromba contra o acordo entre o PSOE e Junts.
Jorge Azcón, presidente de Aragón: "Asistimos á culminación do ataque máis grave da historia contra a nosa democracia e o noso Estado de dereito. Consúmase o golpe".
Para o andaluz Juanma Moreno: "É unha ruptura do principio de igualdade entre comunidades autónomas, entre territorios e, por tanto, entre españois. A ruptura máis grave e máis preocupante que se produciu na historia democrática do noso país".
A presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso, salienta: "Ponse en marcha un mecanismo de poder paralegal á marxe da Constitución, do Parlamento e do Poder Xudicial. Isto é xa de por si o maior atentado contra o Estado de dereito".
Todo o contrario do que opina o presidente catalán. Pere Aragonès celebra que a amnistía saia adiante: "Celebro que se abra unha etapa en que entraremos na resolución do conflito político e tamén celebro que coincidamos na vía da negociación".