Duras saídas para os equipos galegos na Liga ACB
Duras saídas para os equipos galegos na Liga ACB
O Obradoiro visita a Unicaja en Málaga (18 h)
O Breogán xoga na pista de Gran Canaria (20:45 h)
A xornada 27 da Liga ACB preséntase con máxima esixencia para os equipos galegos. O primeiro en competir será o Obradoiro, que visita a un Unicaja que vive unha temporada histórica. Campión de Copa, clasificado para a final entre catro da BCL e con máximas aspiracións na liga. En Santiago, na primeira volta, levara o triunfo por un punto nun final agónico. Co alivio polo triunfo, tamén apurado, fronte ao Murcia, Moncho Fernández dá coa receita, acerto e poucos erros.
Pecha a xornada de sábado o Río Breogán, que visita a cancha doutro equipo instalado no Top 8, o Gran Canaria. Para a lembranza o sucedido o ano pasado, cando o equipo de Mrsic levara o triunfo grazas a unha canastra decisiva de Érik Quintela. Na primeira volta, triunfo moi claro dos canarios en Lugo. Desde aquela cambiaron cousas. Mrsic afanouse en combater o relaxamento tras o espectaualr trinfo fronte ao Real Madrid. Agarda a mellor versión dos seus, a habitual nos partidos a domicilio. Os lucenses buscarán o oitavo éxito lonxe de Lugo.