Publicador de contidos
Publicador de contidos

É o primeiro inverno en 108 anos que o Teide non ten neve

É o primeiro inverno en 108 anos que o Teide non ten neve

Boa parte de España segue á espera de precipitacións

Catro días antes de que remate o inverno, a noticia é a calor

G24.gal 16/03/2024 20:27 Última actualización 16/03/2024 20:35

Mentres Galicia recolle auga, nalgúns puntos de máis, case toda España segue á espera de precipitacións.

A catro días para que remate o inverno, a noticia é a calor. Os termómetros andan en xeral bastante por riba do que tocaría. Murcia, por exemplo, chegou este sábado aos 29 graos; Sevilla, aos 27, e Córdoba, aos 26. 

E este domingo espérase que suban as temperaturas, sobre todo no interior peninsular e nas Canarias, onde se superarán os 30 graos.

De feito, o arquipélago vive o inverno máis cálido desde que hai rexistros. Por vez primeira en 108 anos, a estación non deixou ningunha nevada no Teide, condicionando especies que precisan este aporte xeado para medrar, como as violetas.

"Tiñan que estar en flor e empezaron a florecer timidamente pero a cousa vai moi mal porque non houbo neve este ano", explica José Luis Martín, biólogo e coordinador das tarefas de conservación do Parque Nacional do Teide.

As Canarias padecen a peor seca en anos. Tras un inverno sen precipitacións, coa temperatura ambiente e a do mar por riba do normal e calixes persistentes, búscanse solucións, como reintroducir os bosques de cedros, máis resistentes ás temperaturas altas.

"É o único que podemos facer, adaptarnos á nova realidade, pero cambiala, imposible", afirma José Luis Martín.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade