Cargando resultados...
Ecopoesía contra o cambio climático no Festival Respira!
Ecopoesía contra o cambio climático no Festival Respira!
O VI Festival de Poesía Alguén que respira! reúne preto de 30 poetas en Santiago de Compostela
Claudio Rodríguez Fer lerá o Manifesto Ecopoético do Día Mundial da Poesía
Respira! edita un volume con 22 ecopoemas realizados expresamente para o encontro
web alguenquerespira
G24.gal
16/03/2023 13:03
O Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá entre o 18 e o 21 de marzo a sexta edición do Festival Alguén que respira!
Máis de trinta poetas participan no programa, que inclúe lecturas poéticas, faladoiros e formatos híbridos que conxugan poesía con outras expresións.
Entréganse tamén os premios do I Certame de Poesía Respira para estudantes.