Edgar Vicedo, novo xogador do Obradoiro por dous meses
Edgar Vicedo, novo xogador do Obradoiro por dous meses
É un ala de 2,03 metros e 27 anos que xogou 9 partidos na presente edición da Liga Endesa
O Monbus Obradoiro e Edgar Vicedo chegaron a un acordo para pechar un contrato cun período temporal de dous meses de duración. Este ala de 2,03 metros e 27 anos xogou 9 partidos na presente edición da Liga Endesa, nas filas de Unicaja (3, cunha media de 7.0 minutos) e Urbas Fuenlabrada (6 e 11.5).
Internacional absoluto, U20, U19, U18 e U16, o xogador desenvolvera previamente toda a súa carreira na elite do baloncesto español nas filas de Movistar Estudantes, co que debutou na campaña 2012/13.
"Consideramos que Edgar pode ser unha boa axuda nesta situación de lesións, en diferentes postos, que estamos a sufrir nas últimas semanas. Vai ter que facer un esforzo para subir a un tren en marcha, pero as súas calidades técnicas e físicas, experiencia na competición e polivalencia lévannos a ser optimistas con esta incorporación en canto á súa contribución ao equipo", afirma o director xeral do club, José Luis Mateo.
NOVIDADES NOVIDOSAS! 💥
— OBRADOIRO CAB (@OBRADOIROCAB) December 2, 2021
Dámoslle a benvida a Edgar Vicedo, novo xogador obradoirista!
Dende xa mesmo, #UnDosNosos, @edgarvicedo! 💪🏼
ℹ️ https://t.co/Jc3Xb6GGEr#AgoraSi #SomosObra pic.twitter.com/h4plHyYx7e
Esta mañá, Moncho Fernández falaba da necesidade de fichar pola lesión de Álex Suárez.