Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bildu terá a alcaldía de Pamplona grazas a un pacto cos socialistas para desbancar a UPN

Bildu terá a alcaldía de Pamplona grazas a un pacto cos socialistas para desbancar a UPN

A moción de censura daría a Alcaldía a Joseba Asiron, que xa foi primeiro edil na lexislatura 2015-2019

Feijóo sostén que o acordo entre socialistas e abertzales é unha "indigno" e Óscar Puente di que Bildu é un "partido progresista democrático"

G24.gal 13/12/2023 08:39 Última actualización 13/12/2023 16:14

EH Bildu e PSN alcanzaron un acordo para presentar unha moción de censura no Concello de Pamplona a fin de desbancar da Alcaldía a Cristina Ibarrola (UPN), segundo informa este mércores a Cadena Ser.

A moción de censura daría a Alcaldía ao portavoz de EH Bildu Josepa Asiron, que xa foi primeiro edil na lexislatura 2015-2019. Cristina Ibarrola accedeu á Alcaldía de Pamplona o pasado mes de xuño como candidata da lista máis votada nas eleccións de maio, aínda que estaba en minoría, xa que EH Bildu, PSN, Geroa Bai e Contigo-Zurekin suman 16 dos 27 concelleiros do pleno. En concreto, UPN ten nove edís, EH Bildu ten oito, o PSN cinco, o PPN dous, Geroa Bai dous e Contigo-Zurekin un.

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, cualificou o acordo entre socialistas e abertzales é indigno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade