Publicador de contidos
Publicador de contidos

Eleccións para renovar seis consellos reguladores no agro galego

Eleccións para renovar seis consellos reguladores no agro galego

Renóvanse os órganos da dirección da carne de vacún, do viño do Ribeiro, das Rías Baixas, de Valdeorras e de Monterrei e mais do mel de Galicia 

G24.gal 19/02/2023 13:21

Este domingo celébranse eleccións en parte dos consellos reguladores galegos. Máis de 9.500 persoas van votar para renovar os órganos de dirección de seis denominacións de orixe e indicacións xeográficas.

A carne de vacún, con 7.500 inscritos e o viño do Ribeiro, con 1.000, concentran a meirande parte de electores. Tamén se renovan os órganos nas denominacións Rías Baixas, Valdeorras, Monterrei e Mel de Galicia. Noutros nove consellos houbo candidaturas de consenso e non é preciso votar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade