Cargando resultados...
A Xunta aposta polo emprego en igualdade para lograr unha Galicia inclusiva
A Xunta aposta polo emprego en igualdade para lograr unha Galicia inclusiva
A conselleira de Promoción do Emprego participou no Encontro Nacional de Familias con Síndrome de Down na Coruña
Elena Rivo dixo que o traballo das persoas con discapacidade é clave para a súa participación na economía e na sociedade
G24.gal
12/10/2023 21:17
Última actualización 12/10/2023 21:26
A conselleira de Promoción do Emprego Elena Rivo aposta polo emprego en igualdade de condicións para lograr unha Galicia inclusiva. Elena Rivo participou este xoves na Coruña no Encontro Nacional de Familias con Síndrome de Down.
Rivo fixo fincapé na aposta da Xunta pola integración laboral. Dixo que o emprego xera autonomía e por iso, indicou, o acceso ao traballo das persoas con discapacidade é clave para a súa participación na economía e na sociedade.