Emoción en Paradela na representación da Paixón de Cristo
Emoción en Paradela na representación da Paixón de Cristo
Paradela recrea as escenas da Semana Santa cos veciños como actores
A chuvia non pode coa emoción que xera a Paixón de Cristo
Esta tradición ten unha longa historia de dous séculos en Meis
A flaxelación de Xesús é un dos momentos máis intensos da representación da mañá do Venres Santo en Paradela
A chuvia non fixo decaer a forza da escena, dándolle se cadra máis dramatismo á interpretación de Daniel Castro, que este ano, por primeira vez, fai de Cristo.
Concentrado, sabedor da responsabilidade que portará ante os veciños desta parroquia do concello de Meis, el estivo separado do resto dos actores desta multitutidinaria representación. Media hora antes a sala de vestiario era unha feira. Sobre un cento de persoas participan nesta tradición de Semana Santa.
O xuízo transcorreu segundo o agardado. Logo aínda virá o viacrucis, a Paixón de Cristo non fixo máis que comezar. Ducias de persoas acudiron a esta posta en escena organizada pola Confraría de Semana Santa e Pascua.