Empate a goles pero non a ocasións entre Bergan e Coruxo
O derbi entre Bergantiños e Coruxo non tivo goles pero si que amosou as diferentes realidades que están vivindo os dous equipos.
Os vigueses seguen sen amosar síntomas de reaccion e acumulan sete partidos sen gañar. Nas Eiroas, non completaron un mal primeiro tempo pero víronse superados claramente no segundo por un Bergantiños que mereceru máis.
Marcou dous goles pero ningún deles subiu ao marcador. No primeiro, Carlos López axudouse coa man no remate logo dunha boa acción individual de Boedo. No segundo, marcou Uxío Da Pena, segundo o árbitro en fóra de xogo.
Á marxe da polémica, os de Carballo acumularon ocassións. Un remate de Uxío, que rexeitou Amigo cun paradón, foi a máis clara. Jorge Cano e Remeseiro tamén aloumiñaron o gol con fortes lanzamentos que non atoparon a meta do Coruxo.
Esta vez non houbo premio final para un Bergantiños que fixo máis pola vitoria.