Publicador de contidos
Publicador de contidos

Empeza o Cromático Mural Fest en Cambre

Empeza o Cromático Mural Fest en Cambre

Catro artistas convidados farán cadanseu mural no concello

Esta é a sexta edición do festival de arte urbana de Cambre

Busca que as obras establezan unha estreita relación co lugar

 

G24.gal 24/07/2023 20:55 Última actualización 24/07/2023 21:03

Isto é só unha cuadrícula, advirte Lidia Cao na parede que empeza a pintar. Un esquema pouco comprensible para profanos, que aspira a crear unha icona para a vila de Cambre, no mesmo paseo dos Templarios.

A final de semana ha ser María Pita, nacida aquí preto, na parroquia de Sigrás. A artista convenceu o Concello coa súa particular visión da heroína local.

David López, concelleiro de cultura: "Dicía que ía buscar unha María Pita empoderada, distinta, transgresora, gustounos a idea e tiramos para adiante porque somos moi fans de María Pita."

O festival de murais, alcumado cromático, vailles dar cor a paredes tan brancas coma a da Casa do Pobo de Meixigo. Aquí o plan é falar cos veciños, indagar na historia do lugar, e xogar coas escalas. Nótaselle a Jose Rodríguéz que é tatuador amais de muralista. Unha combinación singular que xera obras moi persoais. 

Tope Skinwalls: "Será todo mans, caras, pel, tons terra, unha ilustración sutil". 

No marco da explosión de eventos de arte urbana que vive Galicia, Cambre busca o seu lugar partindo do que os expertos denominan neosituacionismo. 

Arcadi Poch, comisario: "Digamos que son obras que teñen que ser únicas, para chegar a íso relaizamos unha serie de procesos de inmersión".

O camiño é de ida e volta: os veciños tamén crean seguindo as técnicas destes artistas. Así están nos obradoiros da Casa Arrigada. Estes pequenos formarán parte dun mural colaborativo na Barcala, onde cada cambrés achegará a súa propia pincelada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar