Publicador de contidos
Publicador de contidos

Empezan as San Lucas en Mondoñedo

Empezan as San Lucas en Mondoñedo

A feira está considerada a máis antiga de Galicia

G24.gal 14/10/2022 21:30 Última actualización 14/10/2022 21:36

Desde este venres e ata o día 20 Mondoñedo está de festa. Son as San Lucas, a feira máis antiga de Galicia. A orixe remóntase ao ano 1156, cando Alfonso VII lle concedeu á vila de Mondoñedo unha festa de 8 días.

O día máis agardado por espectacular será o luns. Aí, o coñecido como Día das Vésperas será cando se poidan ver os cabalos pasar polas rúas do centro e mesmo por diante da catedral de camiño á feira.

Precisamente a feira celebrase o martes, día de San Lucas, que é o día grande. A eses actos acudirá como é tradición o concello de Ferrol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos