Publicador de contidos
Publicador de contidos

Empresas de venda en liña propoñen cobrar pola recollida a domicilio de produtos devoltos

Empresas de venda en liña propoñen cobrar pola recollida a domicilio de produtos devoltos

O sector alega perdas causadas polo abuso deste servizo, pero tamén cuestións como o incremento dos custos do transporte ou a pegada ambiental

G24.gal 17/10/2022 15:25

A comodidade que supón mercar, recibir o produto na casa, probalo e, se non se está satisfeito, devolvelo sen custo ten os días contados. Por agora non está estendida a práctica, pero cada vez máis empresas propoñen a posibilidade de cobrar por recoller as devolucións no domicilio.

A causa está na carestía do transporte e o custo medioambiental. E tamén no abuso que se fai, segundo o sector, da posibilidade que se lle ofrece aos clientes.

A medida é legal desde 2014. A única condición é que o cliente sexa previa e claramente informado.

Hai usuarios que mesmo ven ben a medida, xa que lle daría algo de pulo ao consumo presencial.

Segundo as estatísticas, só o 40 por cento das devolucións supoñen recollida en domicilio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade