Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os ciberdelincuentes perfeccionan a suplantación da identidade de bancos e de tendas en liña

Os ciberdelincuentes perfeccionan a suplantación da identidade de bancos e de tendas en liña

Os ciberestafadores simulan a aparencia e o número dos bancos cando chaman fraudulentamente para roubar os datos das súas vítimas

Aumentan os enganos a través de webs de marcas de luxo que simulan ser as orixinais pero que en realidade son copias que só buscan os datos dos clientes potenciais

É recomendable chamar ao banco para confirmar que o número que nos chama é realmente o da nosa entidade

Os bancos non van pedir os nosos datos a través do teléfono nin de Internet e son eles os que deben avisar o cliente se está sendo estafado

G24.gal 09/01/2024 12:55

Aumentan as ciberestafas vencelladas coa suplantación da identidade de bancos e tendas en liña de marcas caras. Cada vez é máis difícil de detectar que estamos a ser enganados.

Pensamos que nos chama o banco porque no teléfono aparece o número real da entidade e mesmo o nome, en ocasións. Pero non. Ao outro lado da liña hai unha trama de programas informáticos moi sofisticados cos que os ciberdelincuentes falsean a identidade dos bancos para gañar a confianza do estafado.

Os bancos nunca nos van pedir os nosos datos porque xa os teñen. Serán eles os que detecten a fraude e nos avisen. Tamén resulta complicado distinguir as marcas verdadeiras das falsificacións. Moito ollo con picar en enlaces de produtos de alto prezo que se nos ofrecen especialmente rebaixados. As réplicas son cada vez máis habituais tamén nas páxinas webs que simulan ser marcas de luxo que non son tal.

As páxinas web falsas son efémeras, adoitan cambiar e desaparecer continuamente. Iso dificulta seguirlles a pista aos ciberdelincuentes. Pero, no caso dos bancos, se somos estafados por Internet ou a través do móbil, hai que bloquear as contas, falar coa nosa entidade e denunciar ante a policía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade