Publicador de contidos
Publicador de contidos

Empresas familiares debaten en Santiago sobre a remuda xeracional e outros problemas comúns

Empresas familiares debaten en Santiago sobre a remuda xeracional e outros problemas comúns

En Galicia as empresa familiares representan o 92,4% do tecido produtivo e dan emprego a máis de 370.000 persoas

G24.gal 30/05/2023 16:41

En Galicia hai máis de 80.000 empresas familiares que achegan o 85 % do valor engadido bruto da comunidade.

Este martes, algúns dos seus dirixentes reuníronse en Santiago para analizar os retos aos que se enfrontan estas empresas, entre eles saír ao exterior e conseguir reter talento no país. 

En Galicia as empresa familiares representan o 92, 4% do tecido produtivo e dan emprego a máis de 370.000 persoas. Hai grandes compañías e tamén empresas máis pequenas, pero todas se enfrontan aos mesmos desafíos, como son o remuda xeracional, a sucesión ou a fiscalidade, cun sistema impositivo que consideran perxudicial para as empresas familiares.

María e Pablo son a cara visible hoxe dun negocio familiar iniciado hai 54 anos por seu pai, Jesús Couceiro, e no que tamén traballa súa irmá Araceli á fronte das contas. Esta é unha das 80.000 empresas de raizame familiar que hai en Galicia.

69 das 100 maiores compañías galegas son empresas familiares. Falamos de Lence, Cortizo, Jealsa ou Galuresa. Esta última vai xa pola terceira xeración, pero os datos son teimudos: só o 34 % das empresas sobrevive ao fundador e tan só un 9 % chega aos netos.

Entre os principais retos destas empresas familiares está tamén a fiscalidade, sobre todo no relativo a sucesións e doazóns.

Santiago acolleu hoxe a vixésimo terceira asemblea xeral da Asociación Galega da Empresa Familiar na que se pediu a axilización de infraestruturas coma o Corredor Atlántico para falicitar o desenvolvemento das empresas e tamén que se simplifique a burocracia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade