Publicador de contidos
Publicador de contidos

Orgullo en Córgomo nas horas previas á homenaxe do seu poeta

Orgullo en Córgomo nas horas previas á homenaxe do seu poeta

Florencio Delgado Gurriarán exiliouse a México na Guerra Civil, pero sempre tivo presente a súa aldea natal

G24.gal 16/05/2022 21:05

Xa está todo a punto para o acto central do Día das Letras Galegas, dedicadas este ano a Florencio Delgado Gurriarán. Será na aldea Valdeorresa de Córgomo. Aquí naceu e viviu o autor ata que a Guerra Civil o obrigou a exiliarse a México.

Pero nos seus escritos el sempre tivo presentes as súas orixes. As mesmas que levan dúas décadas loitando para que el fora o elixido nas Letras Galegas. E agora por fin chegou o día.  

"Agora que a vila estea tan ben decorada, vendo a todo o mundo mobilizado. Levaban vinte anos loitando para que fosen aquí as Letras Galegas, entón é moi importante que as aldeas teñan a súa importancia".

"A vila está radiante, o feito de que se faga aquí este evento coa Real Academia Galega, que queira chegar ás vilas, é un orgullo e moi necesario porque no rural está moi necesitado deste tipo de cousas, e a verdade é que estamos encantados".

 Todos colaboran no que poden e a aldea viste xa as súas mellores galas.

"O que fixeron é poñer a vila preciosa traballando arreo. Toda chea de flores e decoración con botellas facendo alusión o tema de Florencio Delgado Gurriarán, e están todos encantados", conta Enrique Álvarez, alcalde de Vilamartín. 

"Mañá é un día moi grande, nunca se viu outro na historia, eu nunca vin outro tanto, así que estamos moi contentos todos os da aldea".

Tras a cerimonia oficial haberá unha festa aberta a todos os veciños, e ademais dos académicos e outros invitados estarán presentes tamén as fillas e os netos de Delgado Gurriarán. Haberá música e viño, porque coidan que a el gustaríalle. Unha festa para todos coa literatura moi presente. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos