Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gravan unha canción para protestar pola falta de cobertura de telefonía

Gravan unha canción para protestar pola falta de cobertura de telefonía

Baxeles sen cobertura é o tema que compuxeron os mozos nas vacacións

Levan dous anos sen que funcionen os teléfonos fixos e móbiles

G24.gal 03/09/2024 13:55
Andrés Pavón/David Gil

Un vídeo cunha canción recolle as queixas dos veciños de Baxeles, en Vilamartín de Valdeorras, polos problemas persistentes coa telefonía. Os mozos que pasan o verán nesta parroquia ourensá quixeron axudar os habitantes de todo o ano con esta composición musical en que expoñen as deficiencias. Non aspiran a facerse virais pero si a que se escoite a súa reclamación.

"Os rapaces fixeron unha canción que agardamos que sirva para ter unha solución".

"Fixeron ben porque esta situación xa non se entende".

"As rapazas fixeron moito por nós. Agradézollelo".

E é que a telefonía en Baxeles é un desastre. Non hai cobertura nin para chamar nin para navegar por Internet e os teléfonos fixos tampouco van. A situación xa dura dous anos, dende que se eliminou os cables de cobre para poñer unha fibra que segue sen chegar. Así, vense privados de todo tipo de servizos.

"Á miña idade, teño que andar máis de cen metros para poder chamar ou que me chamen".

"Eu teño que andar para arriba e para abaixo da casa a ver se collo cobertura".

Se a canción non serve para solucionar o problema, seguirán promovendo formas alternativas de protesta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade