Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha familia de Carballo, desesperada pola casa abandonada que teñen pegada

Unha familia de Carballo, desesperada pola casa abandonada que teñen pegada

Denuncian a presenza de ratas, ocupas e humidades que están á vista na parede que comparten

Os propietarios da casa abandonada, dous irmáns que viven en Santiago, teñen unha orde para actuar no edificio en menos dun mes

 

G24.gal 16/09/2024 14:07

María Ángeles explica diante da parede como a auga entrou "coma se fose as cataratas do Niágara", como consecuencia de vivir porta con porta cunha casa que leva máis de trinta anos abandonada. O seu aspecto non deixa lugar a dúbidas. Non quedan portas nin tampouco tellado, e a auga foi deixando as súas pegadas ao outro lado da parede. 

"Entrábanos a auga desta casa e remataron aí cun caleiro", recorda María Ángeles Blanco, a principal afectada.

E continúa porque os problemas non quedaron aí.

"Hai ratas como gatos de grande porque ademais hai moita xente que pasa e, por non levar a bolsa do lixo ao colector, tíraas nese baixo. Tivemos tamén ocupas"

A familia de María Ángeles leva anos de denuncias, e de máis dun susto.

"A miña filla ten unha nena pequena e un día caeu a última porta e romperon os cristais e a nena ao pasar coa bicicleta, cortou a perna".

Tras anos de pelexa, agora ábreselles unha porta, ou polo menos unha fenda. Os propietarios, dous irmáns que viven en Santiago, teñen unha orde do Concello para tomar medidas nun prazo curto. No Concello confirman que hai anos presentaran un proxecto do que nunca máis se soubo. Agora están na conta atrás... quédalles un mes pero, de momento, non mandaron sinais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade