Cargando resultados...
En dez días o lobo atacou dez reses en ganderías da Pastoriza, mesmo preto das casas
En dez días o lobo atacou dez reses en ganderías da Pastoriza, mesmo preto das casas
Os propietarios séntense impotentes ante a situación porque aseguran que as perdas son altas
Reclaman medidas para evitar novos danos
G24.gal
06/10/2024 20:13
Alba sabía que algún día a visita do lobo lle ía toca á súa gandería, e finalmente produciuse na noite do sábado, moi pretiño da casa da súa avoa. Sospeitan que se trata dunha manda que vive no monte.
Séntese impotente ante a situación, porque os ataques son moi frecuentes na zona.
No caso de Alberto, outro veciño do concello lugués da Pastoriza, o lobo matoulle un becerro e outro quedou malferido.
Os afectados por estes ataques piden solucións porque as indemnizacións, din, non lles cobren os gastos da perda do animal.