Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta encadea dous triunfos consecutivos nun trepidante partido no Villamarín (3-4)

O Celta encadea dous triunfos consecutivos nun trepidante partido no Villamarín (3-4)

Os goles de Larsen, Gabri Veiga (2) e Aidoo aseguraron o triunfo

O Betis foi quen de remontar o tanto inicial e apertou ata un final agónico

G24.gal 04/02/2023 20:26

Minuto a minuto

Ás 21:00h comeza o partido do Benito Villamarín entre o Betis e o Celta. E xa coñecemos as aliñacións dos dous equipos. A do Celta, coa entrada de Iván Villar na portería:

 

 

 

E este é o XI Inicial do Betis, con Borja Iglesias na punta do ataque:

 

 

1'

Comeza o partido no Villamarín

6'

0-1 Goooooool do Celta. Larsen adianta ao equipo vigués a pase de Carles Pérez

9'

1-1 Gol do Betis. Juanmi empata pouco despois recollendo un balón solto na área

23'

2-1 Gol do Betis. Canales culmina unha gran xogada colectiva do equipo andaluz para poñerse por diante no partido

30'

Remate de Luiz Felipe á saída dun córner, boa parada de Iván Villar

41'

Asistencia espectacular de Canales que deixa so a Miranda, salva Iván Villar no man a man

42'

2-2 Goooooooool do Celta! Asiste Luca de la Torre, e marca Gabri Veiga o seu quinto gol da temporada picando por riba de Rui Silva

45+1'

Descanso no Villamarín. Betis 2-2 Celta

46'

Comeza a segunda metade no Villamarín. Betis 2-2 Celta

48'

Juanmi remata arriba a pase de Miranda

54'

Mingueza remata arriba un pase de Aspas, pero a acción quedou invalidada por fóra de xogo

56'

2-3 Goooooooooooool do Celta!!! Asiste Larsen e Gabri Veiga marca a pracer o gol que lle volve dar vantaxe ao equipo vigués

66'

Entra ao campo Seferovic substituíndo a Larsen. É a estrea do suizo coa camiseta do Celta

69'

2-4 Goooooool do Celta. Aidoo amplía a diferenza cunha gran cabezada á saída dun córner forzado por Seferovic

77'

Boa combinación do Celta, e Iago Aspas está a piques de marcar o quinto

79'

Erro incrible de Abner, que non é quen de empuxar a gol diante da portería

82'

Penalti a prol do Betis por mans de Mingueza

84'

3-4 Gol do Betis. Marca Fekir desde o punto de penalti

90'

Oito minutos de tempo engadido no Villamarín

90+2'

Iago Aspas puido sentenciar o partido, pero chegou moi forzado e o seu remate marchou cruzado

90+5'

Expulsado Luis Felipe por un golpe sobre Iago Aspas para collerlle o balón. Acción moi protestada polos verde e brancos

90+11'

Centra Fekir, remata Edgar González desviado

90+12'

FINAL DO PARTIDO NO VILLAMARÍN!! Betis 3-4 Celta. Segunda vitoria consecutiva dos vigueses

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar