Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta recibe o Atlético á busca da terceira vitoria consecutiva

O Celta recibe o Atlético á busca da terceira vitoria consecutiva

Carvalhal confirmou na previa que Iván Villar seguirá na portería

G24.gal 11/02/2023 14:15

O Celta realizou a súa derradeira sesión de traballo antes de recibir o Atlético de Madrid mañá en Balaídos. Carlos Carvalhal non adiantou como vai xogar en defensa, pero si anunciou que xogará de porteiro Iván Villar.

Os vigueses, que buscan o seu terceiro triunfo seguido por primeira vez neste campionato, terán que facer algunha modificación na liña de retagarda pola ausencia de Unai Núñez, que perde o encontro por acumulación de cartóns amarelos. Diego Alves terá que poñerse en forma, xa que logo, xogarán Iván Villar e dez máis. O técnico tamén se amosou satisfeito na previa pola incorporación de Diego Alves. E advertiu que, para derrotar un gran equipo como o Atlético, terán que xuntarse como 12 xogadores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade