Publicador de contidos
Publicador de contidos

En Galicia hai tres casos confirmados de hepatite infantil de orixe descoñecida

En Galicia hai tres casos confirmados de hepatite infantil de orixe descoñecida

Os expertos pensan que a hepatite pode estar causada por un adenovirus, pero aínda non se determinou que axente en concreto está provocando estes casos

Dos tres casos de hepatite infantil aguda diagnosticados en Galicia, un é da área da Coruña e dous casos da área de Vigo

G24.gal 02/05/2022 15:21

O sistema sanitario galego segue alerta rastrexando posibles casos de hepatite aguda infantil de orixe descoñecida. En Galicia hai de momento tres casos confirmados.

Ata o momento a Consellería de Sanidade confirmou tres casos de hepatite aguda infantil, un na área sanitaria da Coruña e dous na de Vigo. Non se desbota que aparezan máis porque o sistema sanitario permanece en alerta na busca e detección de casos, pero insisten os expertos en que son os habituais a estas alturas do ano.

A incógnita agora é a súa orixe, porque malia que se vai estreitando o cerco sobre os adenovirus, non se determinou aínda que axente en concreto está provocando estes casos. 

O sistema sanitario está alerta para a detección de novos casos e revisa os que se puideron producir dende xaneiro.

As cifras están nos niveis doutros anos, pero a novidade é que estes casos non están relacionados cos virus que habitualmente causan a hepatite. Desbotados eses, agora investigan se a orixe pode estar nunha mutación dos chamados adenovirus.

Saber que orixina a doenza axudaría, sobre todo, nos casos graves. Os especialistas fan unha chamada á tranquilidade.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade