En Galicia, máis de dous millóns de persoas poden votar para elixir edís de 313 concellos
En Galicia, máis de dous millóns de persoas poden votar para elixir edís de 313 concellos
Das eleccións deste domingo tamén sairá a composición das catro deputacións
Máis de 55.000 persoas solicitaron o voto por correo
En Galicia, máis de 21.000 persoas traballan na preparación e desenvolvemento da xornada electoral, entre membros das mesas, 4.000 en todo o país, representantes das administracións, e membros dos corpos e forzas de seguridade.
Un total de 2.200.000 persoas poderán exercer o seu dereito ao voto. Delas 86.000 son mozos e mozas que poden facelo por primeira vez. A eles hai que sumar os 9.200 electores estranxeiros residentes en Galicia, que poden votar nestes comicios.
Non o poden facer os que viven permanentemente no estranxeiro pero si os que o fan temporalmente. En total, por correo votaron máis de 55.000 persoas, un 16 por cento menos que hai catro anos, nas anteriores eleccións municipais.
Destes comicios saen os máis de 3.700 edís que conformarán as corporacións municipais e 313 concellos, e os 108 deputados das catro corporacións provinciais.
Aínda que neste caso haberá que agardar ao 17 de xuño, data en que se constitúen os concellos, para saber cales dos concelleiros electos son os novos deputados provinciais.
Ademais, na xornada deste domingo tamén se decide a composición das oito pedanías de Galicia que concentran un total de 9.000 habitantes. A de Bembrive, en Vigo, é a de maior tamaño.