En Galicia, os divorcios entre persoas de máis de 70 anos aumentou un 20 % nos últimos cinco anos
En Galicia, os divorcios entre persoas de máis de 70 anos aumentou un 20 % nos últimos cinco anos
Entre as causas, están os cambios culturais e sociais, o inicio dunha nova etapa vital como é a xubilación ou a independencia económica da muller
O número de divorcios de quen supera a idade de xubilación non deixou de medrar en Galicia nos últimos cinco anos. Entre os maiores de 70 anos subiron un 20 %.
"Estamos asistindo en despachos a separacións e divorcios nesa franxa de idade en que antes eran máis reducidos", confirma Pilar Cortizo, directora xurídica do Despacho Torres Díaz.
Voces expertas apuntan ao aumento das expectativas de vida como un dos factores do incremento dos divorcios en maiores de 70 anos.
Mais sinalan tamén outras causas. Entre elas: os cambios culturais e sociais, como pode ser a superación da preocupación polo que dirán, o inicio dunha nova etapa vital como é a xubilación, ou a independencia económica da muller.
"A entrada da muller do mundo laboral e a independencia económica fai que iso sexa posible, porque ata hai uns anos non o era", engade a avogada Pilar Cortizo.
Di esta experta xurídica que adoitan ser as mulleres as que toman a decisión de divorciarse. Unha decisión que a esa idade acostuma ser firme.