En Pontevedra arde unha casa abandonada que ocupaban varias persoas
En Pontevedra arde unha casa abandonada que ocupaban varias persoas
O lume provocou un fume intenso e visible dende diferentes puntos da cidade
No barrio da Seca, en Pontevedra, moitos veciños espertaron coa imaxe do incendio que calcinou por completo unha casa abandonada que hai na zona, provocando un fume intenso e visible dende diferentes puntos da cidade.
Os bombeiros conseguiron sufocar as lapas e evitaron que o lume se estendese. Varias persoas ocupaban a vivenda no momento do incendio porén decatáronse a tempo e non houbo que lamentar danos persoais. O xefe do corpo de Bombeiros de Pontevedra explicou que, ademais de apagar o lume que afectou a vivenda e que derrubou a cuberta, tiveron que establecer unha liña de auga para evitar que se estendera, xa que o inmoble está rodeado de moita vexetación.
A policía mantén acordoada a zona e levará tempo arrefriala por completo para evitar que o lume se reavive. Non transcenderon as causas do incendio e xa hai unha investigación aberta.