Publicador de contidos
Publicador de contidos

En Pontevedra as casas que conten cun terreo de máis de 50 metros terán que ter composteiro propio

En Pontevedra as casas que conten cun terreo de máis de 50 metros terán que ter composteiro propio

É unha das obrigacións que recolle a nova normativa municipal de residuos, ata o de agora o uso dos composteiros era voluntario

O Concello quere que no 2025 o 55 por cento dos residuos municipais sexan reutilizados ou reciclados

G24.gal 03/04/2024 14:24

O 70 por cento das vivendas do rural do municipio de Pontevedra xa contan con composteiro propio. Ata o de agora o seu uso era voluntario, pero coa nova ordenanza de residuos todas as vivendas unifamiliares que teñan un terreo de máis de 50 metros deberán dispor dun.

"Está ben, hai que reciclar", di unha veciña, outra engade: "Fabuloso, está fenomenal".

O Concello aspira a ser o primeiro en adaptar a súa normativa á estatal e conseguir que no 2025 o 55 por cento dos residuos municipais sexan reutilizados. E chegar ao 65 por cento en dez anos.

"É máis sostible tratar os residuos orgánicos en situ que non trasladalos, levamos anos traballando coa compostaxe e os veciños de Pontevedra acollen ben estas experiencias", explica o concelleiro de Servizos Básicos Urbanos, Xaquín Moreda.

Ofrece de balde os composteiros, xa repartiu 4.000, e tamen asesoramento sobre o seu uso. O fertilizante resultante destinase aos agricultores da zona.

"Iso está ben, no centro xa os teñen", conta unha veciña.

A compostaxe está presente en 200 rúas a través do colector marrón. Ao ano cada cidadán xera uns 62 quilos de lixo. O ano pasado recolléronse na cidade 5.300 toneladas de lixo, unha cifra histórica debido ao aumento da reciclaxe. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade