O Concello de Outeiro de Rei reparte composteiros gratuítos para promover a reciclaxe de residuos orgánicos
O Concello de Outeiro de Rei reparte composteiros gratuítos para promover a reciclaxe de residuos orgánicos
O Concello de Outeiro de Rei reparte composteiros gratuítos para promover a reciclaxe de residuos orgánicos
Son 50 composteiros individuais que se repartirán porta por porta entre as persoas que hoxe fixeron a solicitude
O concello lugués de Outeiro de Rei foi o primeiro de Galicia en instalar colectores comunitarios de residuos para materia orgánica. Fieis a ese compromiso co medio ambiente, están a desenvolver unha campaña de reciclaxe doméstica co repartimentoo gratuíto de composteiros para que os veciños que conten con xardín ou horta poidan transformar os residuos orgánicos en fertilizante de primeira calidade.
Son 50 composteiros individuais que se repartirán porta por porta entre as persoas que hoxe fixeron a solicitude.
Son veciños do concello con xardín ou horta. Moitos deles xa coñecen e utilizan o proceso. As miñocas xa se van encargando de trituralo e transformalo de residuos a fertilizante. Un compost rico en nutrientes moi valorado polos que xa experimentaron o seu uso. "Marabilloso, para min o mellor fertilizante que hai", comenta un veciño.
Outeiro de Rei foi o primeiro concello galego en instalar colectores comunitarios para a recollida selectiva de materia orgánica. O alcalde de Outeiro de Rei di que foron pioneiros nesta materia e queren seguir e estendelo a todas as zonas urbanas.
Hoxe izaron, por segundo ano consecutivo, a bandeira verde coa que a Consellería de Medio Ambiente distingue as boas prácticas de protección da natureza.