Alertan sobre a toxicidade das bolsas compostables
Alertan sobre a toxicidade das bolsas compostables
Un estudo feito polo CSIC alerta dunha maior toxicidade nas bolsas compostables que nas de plástico convencional
Un símbolo indícanos que unha bolsa é compostable. Pensamos que con ela contaminamos menos, pero, ollo, porque, segundo un estudo preliminiar feito polo CSIC, pode ser máis tóxica que unha de plástico convencional.
Segundo a coordinadora do grupo de polímeros do CITENI da universidade da Coruña "todos os materiais plásticos que usamos no noso día a día levan algún tipo de aditivo porque son necesarios para mellorar as súas propiedades e a súa procesabilidade".
A cuestión é que se esa toxicidade tamén pasa aos fertilizantes durante o proceso de biodegración, isto podería acabar repercutindo negativamente sobre a nosa saúde. Por iso os investigadores piden que se regule o marco normativo.