Salvamento Marítimo sobrevoará Valdoviño á procura de máis sacos
Salvamento Marítimo sobrevoará Valdoviño á procura de máis sacos
O Servizo de Gardacostas de Galicia localizou este sábado un saco de granulado de 25 quilos na zona
O dispositivo para a detección e retirada de granulado plástico traballa hoxe en 56 praias de 34 concellos. No mar están operativas 12 embarcacións e no aire, dous helicópteros
O helicóptero Helimer HS401, que pertence aos recursos de Salvamento Marítimo, ten previsto realizar este domingo voos de recoñecemento na zona de Valdoviño onde o Servizo de Gardacostas de Galicia localizou o sábado un saco de granulado de plástico de 25 quilos.
Confirmouno a Delegación do Goberno nunha mensaxe remitida aos medios. O helicóptero vai engalar, se o tempo o permite, da súa base de Santiago e sobrevoará a zona da Punta Frouxeira, onde o Pesca 2, dependente da Xunta, recuperou un saco intacto.