Publicador de contidos
Publicador de contidos

Salceda de Caselas fai fronte á crise demográfica con máis nenos que vellos

Salceda de Caselas fai fronte á crise demográfica con máis nenos que vellos

No último ano empadroáronse 82 bebés e faleceron 69 persoas

É o concello de Pontevedra máis novo, con mais menores de 15 que maiores de 65, cunha media de idade de 41,6 anos

G24.gal 16/08/2022 14:19

Malia que chova, en Salceda de Caselas hai nenos por todas partes. É o concello de Pontevedra coa poboación mai nova, cun saldo vexetativo positivo ao haber 82 nacementos e 69 mortes. Unha rara avis en Galicia que só supera o concello de Ames.

Segundo comenta unha veciña, "era unha vila máis pequeniña, logo foi crecendo, moita xente comezou mercar vivendas porque o prezo era mais económico, aínda que fora para achegarse en coche ao seus lugares de traballo. Entón moita a xente animouse. É un sitio tranquilo para ter cativos, gozar, e ademais con moitos recursos".

Outro supón que "será pola proximidade ao polígono industrial, as ofertas de traballo, estar próximo a Vigo, as praias..." . "Un montón de parques, zonas verdes para pasear, o colexio cerca... todo o que se necesita para unha familia con nenos", subliña outra nai.

A alta natalidade fai que a única gardería e o pediatra estean saturados. Hai 62 prazas para 334 bebés e moitos teñen que levar os fillos a centros doutros concellos porque os privados están saturados. E mesmo os concellos de Salceda e Salvaterra solicitaron un pediatra compartido para dar servizo a poboación mais nova. 

E como os nenos crecen, este ano cúmprese un vello desexo dos veciños e por fin arranca o bacharelato en Salceda, e está en trámites o primeiro centro de día do concello.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos