Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo propón unha fiscalidade específica para todo o rural español

Feijóo propón unha fiscalidade específica para todo o rural español

O presidente do PP reivindica as súas orixes durante a súa participación nunha xornada sobre despoboamento

G24.gal 10/02/2023 14:50

O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, propón que a defensa do medio rural sexa un asunto de Estado. Nunha xornada do PP Europeo sobre despoboamento, celebrada en Teruel, o líder popular reivindicou as súas orixes e detallou as súas propostas para o rural.

Feijóo avoga por estender a toda España as casas do neno e do maior, que funcionan en Galicia, aposta por facilitar solo rural para a industria e propón beneficios fiscais para evitar o despoboamento.

"Imos facer unha fiscalidade específica para todo medio rural. Que o imposto non sexa problema, ao contrario: imos facer unha discriminación positiva en todo, na vivenda, na industria, no emprendemento, nas compras, nas herdanzas... Fagámolo", dixo Feijóo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade