Ómicron fai que se anule o 10 % das reservas hoteleiras en Santiago
Ómicron fai que se anule o 10 % das reservas hoteleiras en Santiago
As vivendas turísticas e as casas de turismo rural están ocupadas ao 90%
A previsión de mal tempo e a variante ómicron provocaron nos últimos días a anulación de reservas nos hoteis e hostais galegos. O Clúster do Turismo galego, que sobre esas reservas falaba dunha ocupación de case o 90%, rebaixa en cidades como Santiago a estimación ata o 75% para esta ponte da Constitución.
As vivendas turísticas e as casas de turismo rural, se ben é certo que aínda non están funcionando ao 100%, están ocupadas a un 90% en case todo o territorio galego.
"Sobre todo a zona de Nigrán, Redondela onde o atractivo das luces de Nadal de Vigo é evidente. E logo o que son as cidades de Santiago e Coruña, e Lugo e Ourense tamén teñen case ocupación total con estancias medias de tres días", di Dulcinea Aguín, que preside Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia.
En Compostela as estancias son, como nas vivendas turísticas, maiormente de dúas noites e tres días. Cóntannos desde os hoteis e os hostais que entre o xoves e o venres sobre un dez por cento dos clientes anularon a súa reserva.
"Esa cifra é aproximada pero é certo que nos últimos dous días, sobretodo o venres tivemos moitas cancelacións de reservas, motivadas polo medo esta nova cepa ómicron que aínda non sabemos como vai ser", di José Antonio Liñares, que é o serente de hotel santiagués Costa Vella.
Os que decidiron manter a viaxe son españois que viaxan en familia, maiormente no seu vehículo propio. A eles non os parou nin a choiva nin a covid. En Compostela, a ponte do Pilar, historicamete, non é a de maior ocupación. Cóntanos moitos hosteleiros que a xente reserva xa para o Nadal.