Publicador de contidos
Publicador de contidos

En Teis buscan campaneiro para que as campás poidan repenicar nas festas

En Teis buscan campaneiro para que as campás poidan repenicar nas festas

O último campaneiro morreu hai un ano e están tendo dificultades para atopar outro

Organizaron un concurso de campás e campaneiros, o que esperan que axude a crear interese por este oficio

G24.gal 01/08/2024 20:32 Última actualización 01/08/2024 21:00

O de campaneiro é un oficio en perigo de extinción. Cada vez quedan menos en Galicia e nas igrexas que aínda teñen campás lamentan non poder facelas repenicar para manter viva esta arte. É o caso da parroquia viguesa de San Salvador. Alí buscan urxentemente un campaneiro para poder tocar as campás durante as festas que comezan a próxima semana.

O seu párroco, Ramón Leira, explica que o último campaneiro que tiveron morreu hai un ano. Sabe que hai xente maior que sabe tocar as campás na parroquia pero acceder o campanario é moi complicado coa súa idade.

En Teis son conscientes de que atopar campaneiro non será doado. Hai moi poucos e non poden cubrir a demanda de todas as parroquias que o solicitan. Porén o párroco ten a esperanza de que algunha persoa de mediana idade poida ter interese e axudar a cubrir esta carencia da parroquia.

O que si conseguiu é organizar para as festas un concerto de campás e un concurso de campaneiros co obxectivo de poñer en valor unha linguaxe e un oficio recoñecido Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade. Agarda que estas iniciativas contribúan a espertar interese polo oficio para contar con máis campaneiros ou campaneiras en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade