En Verín xa están a traballar nos traxes e máscaras que levarán os cigarróns no Entroido
En Verín xa están a traballar nos traxes e máscaras que levarán os cigarróns no Entroido
En Verín as trenchas e as gubias traballan sen descanso dende finais do mes de outubro. Destes bloques de madeira de bidueiro ou amieiro sairán as máscaras dos cigarróns para o vindeiro Entroido. Para grandes e pequenos.
"É a primeira vez que está louco de contento para ver se consegue poñer o traxe de cigarrón. Estou facéndolle o traxe e a máscara, así que temos faena".
"Pois esta é para o xenro, á miña filla xa lla fixen o ano pasado, xa lle fixen a careta e a muller faille o traxe, que o traxe tócalle mañá e pasado".
"Ao acabar un Entroido a nosa mente xa está pensando no outro, e aquí tes o exemplo".
"Custa, custa moito, a verdade é que si, é a primeira que fago e a única, porque dá moito traballo".
"Pois é unha satisfacción facer a túa careta coas túas mans, quede como quede vai ser bonita, seguro."
" É unha forma de conservar a nosa cultura, transmitila as xeracións vindeiras para que poidan seguir coas nosas tradicións e poder conservar o que nos deixaron os nosos antepasados".
"Xa queda pouco pero chegaremos, eu penso que si que imos chegar".