En Vigo crece a venda de vivendas que non superan os 45 metros cadrados
En Vigo crece a venda de vivendas que non superan os 45 metros cadrados
Páganse ata 125.000 euros por 25 metros cadrados útiles
O perfil do comprador é case sempre o dun investidor que despois destina estes pisos o alugueiro ou os converte en vivendas turísticas
Algunhas inmobiliarias ofrecen como oportunidades únicas vivendas con estas características: 25 ou 35 metros cadrados, situadas en Vigo e cuns prezos de 125.000 ou 138.000 euros, respectivamente. Son os chamados minipisos. Apartamentos que non superan os 45 m2 e que están a ter moi boa saída na Cidade Olívica a pesar de que o prezo por metro cadrado é o dobre, ou máis, do seu custo medio.
Din nas inmobiliarias que, dependendo da súa situación ou estado, os seus prezos oscilan entre os 90.000 e os 150.000 euros.
O perfil do comprador é case sempre o dun investidor. Persoas que despois destinan estes pisos ao alugueiro ou os converten en vivendas turísticas para sacarlles rendibilidade. Case todas foron construídas hai anos e precisan de reformas. Un gasto a engadir ao prezo destes inmobles cada vez máis demandados.