Últimos preparativos para o acendido das luces de Nadal en Vigo

Agárdase que ata a Porta do Sol se acheguen milleiros de persoas

Os hoteis da cidade colgan o cartel de completo na primeira fin de semana do acendido

G24.gal 24/11/2023 14:34 Última actualización 24/11/2023 20:15

Unhas horas antes de que Vigo comece a brillar, os operarios afánanse nos últimos detalles. Na Porta do Sol avanzan na montaxe do adorno estrela do Nadal vigués, a árbore de 44 metros e a súa estrela de 19. Aquí volveremos escoitar a conta atrás que precede o acendido. 

Ata este punto e as rúas dos arredores achegaranse milleiros de persoas para gozar do espectáculo. 

O Nadal comeza de xeito oficial en Vigo e na primeira fin de semana os hoteis da cidade colgan o cartel de completo. Ademais as reservas para o mes de decembro xa superan as de anos anteriores. 

No outro lado, os veciños que sofren os cortes de tráfico do plan especial e os atascos que xa se viviron en anos anteriores. 

Ás oito do serán iluminaranse as rúas máis céntricas da cidade. Os problemas na tramitación do contrato atrasaron a montaxe desta edición, polo que nos barrios e arredores as luces acenderanse nos próximos días, ata completar 450 rúas iluminadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar