En Xinzo ultiman os preparativos para a colga do meco e para o Oleiro
En Xinzo ultiman os preparativos para a colga do meco e para o Oleiro
Segunda fin de semana do único Entroido declarado de Interese Turístico Internacional
O sábado é a colga do meco tras a procesión dos fachucos
O domingo celébrase o tradicional xogo das olas
Sen choiva e con sol van poder gozar en Xinzo de Limia da súa segunda fin de semana de Entroido, pois este sábado é a colga do meco tras a procesión dos fachucos e o domingo é o Oleiro. Metidos xa de cheo na festa das festas, levan días traballando nos preparativos.
O pobo volve esta fin de semana a mediados do século XX, cando a única luz pública era os fachucos de lume. Feitos como daquela, agardan no carro para prender mañá na colga do meco.
O meco é, despois da Pantalla, quen manda no Entroido de Xinzo e será colocado no alto lembrando que aquí reina a mofa, xóganse as olas. Trátase dunha tradición que se remonta a cando tampouco había auga na vila.
Neste Entroido destacan o sentimento de unión é comunidade que se palpa.