Encher o depósito custa unha media de once euros máis ca o sábado pasado
Encher o depósito custa unha media de once euros máis ca o sábado pasado
O desconto do Goberno xa non é para todos e o gasóleo e a gasolina subiron de prezo
O 31 de decembro foi o último día que se aplicou o desconto do Goberno de 20 céntimos o litro de combustible. Case unha semana máis tarde, sen esta subvención directa e co incremento dos prezos, encher o depósito sae unha media de once euros máis caro.
Este encarecemento do prezo do combustible débese a dous factores: que xa non se aplica esta subvención directa e que se produciu un lixeiro encarecemento do prezo dos combustibles, entre o 1 e o 3 % de media, segundo a estación de servizo.
A cidadanía bota contas do que supón o importe actual dos carburantes sen axuda estatal. Só transportistas, agricultores, navieiras e pescadores manteñen o desconto dos vinte céntimos por litro de carburante.